“COÑECE O RURAL A TRAVÉS DOS SEUS CAMIÑOS”
A Pasada (Cedeira)
 
Descripción:
Ven descubrir tres rutas guiadas (de nivel baixo/medio) nas que coñecerás os camiños polos que discorre a Ruta do Muíño do Corveiro, Cedeira a través da Ruta dos Faros Robaleira e Punta Sarridal e poderás chegar e visitar o santuario de Santo André de Teixido a través do Camiño Medieval.

Se o tempo o permite, poderás deterte a ver e gozar dunha das postas de sol máis espectaculares xamais vistas en San Antonio do Corveiro.

A experiencia inclúe ademais do aloxamento e almorzo, dúas comidas (un picnic na Ruta dos Faros de Cedeira e Comida en Santo André de Teixido).
 
Dirixido a:
Todos os públicos. As persoas interesadas na experiencia deben ter unhas condicións físicas mínimas para as rutas, xa que son rutas de nivel baixo medio, e no caso da ruta a Santo André, é unha ruta de é de 9 km.
 
Duración:
2 noites
 
Período:
Meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro
 
Prazas:
Grupo mínimo: 2 persoas
 
Prezo:
100 euros por persoa (50€/persoa/día en habitación dobre)
 
Información de interese:
A reserva farase con solicitude previa.

As persoas interesadas na experiencia, deben ter una condicións físicas mínimas xa que son ruta de nivel medio/ baixo e no caso da ruta a Santo André, é unha ruta de é de 9 km.

As saídas adaptaranse ás condicións climáticas puidendo variar un pouco.

Importante levar calzado cómodo e roupa adaptada á época na que se realicen.
 

reservas:
a pasada
Cedeira