“FOLIADA MEIGA”
Casa Penaquente (Ortigueira)
 
Descripción:
Goza do son da tradición nunha noite meiga. A percusión é un dos instrumentos que mellor reflicte o noso latexo interior e a expresión das nosas emocións do momento.

Casa Rural Penaquente ofréceche 2 noites con almorzo, un taller de percusión tradicional e unha Noite Meiga con foliada, queimada e cea degustación de produtos tradicionais para conectar co máis ancestral da Terra Meiga e co teu eu máis primixenio. Unha volta ás raíces.

 
Dirixido a:
Parellas, Grupos (a partir de 18 anos)
 
Duración:
2 noites
 
Período:
2º fin de semana de cada mes de Setembro a Xuño.
 
Prazas:
Mínimo 6 persoas, Máximo 18 persoas.
 
Prezo:
120€/persoa (en habitación dobre).
 
Información de interese:
O taller terá lugar na tarde do sábado. Aprenderás técnicas básicas para tocar o pandeiro ou pandeireta, aprendendo unha canción. Na posterior foliada poderás dar renda solta ao teu propio latexo e practicar o aprendido, mentres gozas dunha queimada e unha cea degustación de produtos tradicionais. Durante a mesma, haberá unha demostración de música tradicional a cargo de músicos da zona.
 

reservas:
Casa Penaquente
Ortigueira