"VISITA GUIADA AO CENTRO HISTÓRICO DE VIVEIRO"
Viveiro (Lugo)

Descripción:
Percorrido a pé polo centro histórico de Viveiro dende a Praza Maior, descubrindo as súas rúas medievais, monumentos como a igrexa de Santa María do Campo e o convento de San Francisco, os restos arqueolóxicos da antiga muralla medieval e a Porta de Carlos V fronte á ría de Viveiro. Os personaxes máis destacados da historia de Viveiro permitirannos coñecer o interesante legado cultural desta vila medieval.

Dirixido a:
Adultos. Público familiar

Duración:
1 hora e media

Período:
Todo o ano baixo reserva previa

Prazas:
Mínimo 4 persoas

Prezo:
Para 4 persoas: 25€ persoa / Para 10 persoas: 15€ persoa

Información de interese:
Grupos +11 persoas: consultar tarifa
Reservas:
Camiños con Arte
Lidia de la Fuente López
Guía Oficial de Turismo de Galicia GT-120-XG
www.caminosconarte.com
info@caminosconarte.com
680 64 29 25