"Un día a cabalo"
As Grañas do Sor, Mañón (A Coruña)

Descripción:
Para xinetes con experiencia e ganas de marcha. Se buscas unha ruta intensa con largos galopes xunto ao río, pasos estreitos, pontes e vistas alucinantes… e unha señora barbacoa… ¡Este é o teu plan!
Preparamos cabalos na granxa e tomamos rumbo a Ribeira de Obispo para gozar de varios kilómetros de ruta xunto ao Sor rodeados de bosque autóctono. Pararemos nun antigo muíño de pedra acondicionado como refuxio de montaña para prender o lume onde gozaremos dunha boa barbacoa.
Tras un rato de charla e quizáis algún baño retomaremos camiño seguindo a ruta xunto ao rio ata o refuxio do Cascón desde onde reemprenderemos a volta a casa tras unha xornada alucinante.
É importante que teñas en conta que esta ruta é esixente, teras que desmontar en algúns tramos se o terreo está mollado, hai pasos estreitos, fortes desniveis e algunha ponte.


Dirixido a:
Xinetes con experiencia (a partir de 12 anos en compañía de unha persoa adulta)

Duración:
7 - 8 horas

Período:
De maio a outubro dependendo da meteoroloxía

Prazas:
Mínimo 2 - máximo 4 (consultar ao reservar)

Prezo:
120€ persoa

Información de interese:
Consultar ao reservar o número de prazas polas características da experiencia. A experiencia inclúe: casco e seguro, barbacoa, un amigo peludo para sempre.
Reservas:
Granja Labrada
https://datos.turismoslow.gal/gl/resultado/granja-labrada