“INÍCIATE NA COSTURA”
Casa do Mudo (Cervo)
 
Descripción:
Ven a Cervo a coñecer as marabillas do Conxunto histórico artístico de Sargadelos e aproveita para iniciarte no mundo da costura, realizando distintas pezas en tea (mandís, salva manteis ou figuras de decoración).

En Casa do Mudo ofrecémosche 2 noites en habitación dobre con almorzo incluído e un obradoiro no que aprenderás a cortar as pezas de tea a partir dun patrón de papel, pasarlle os fíos e cosela a man ou a máquina. Libera a túa imaxinación para decorar as pezas e para crear novos deseños!!


 
Dirixido a:
Todos os públicos
 
Duración:
2 noites
 
Período:
Todo o ano salvo: Xullo, Agosto, Semana Santa, pontes e festivos.
 
Prazas:
Mínimo 5 e Máximo 10 persoas
 
Prezo:
100€/persona en habitación dobre (Chousa, Vileanes, Raxal ou Camiño Real).
 
Información de interese:
O taller de iniciación á costura terá unha duración de 2 horas. Todos os materiais necesarios para o taller serán achegados por A Morena: teas, patróns, agullas, fíos, tesoiras, cinta métrica, máquina de coser, etc..
 

reservas:
Casa do Mudo
Cervo