“APRENDE A EXPRESAR O TEU ARTE INTERIOR”
Casa Penaquente (Ortigueira)
 
Descripción:
O silencio e a quietude favorecen a escoita da propia voz interior do mesmo xeito que a expresión artística dá voz a eses aspectos do ser que non poden ser doutro xeito expresados. Volver a nós, ao coidado do ser, pasa por atender esa voz interior e a súa manifestación creativa.

En Penaquente propoñémosche unha estancia de 2 noites con almorzo e un taller de creatividade interior, fluída, a través da técnica de pintura do Pouring (verquido ) e o Dripping (goteo) afastado das formalidades e habilidades requiridas noutras disciplinas, para favorecer o fluír da creatividade interior sen ningún tipo de impedimento, regras ou barreiras.


 
Dirixido a:
Parellas, Grupos (a partir de 18 anos)
 
Duración:
2 noites
 
Período:
Último fin de semana de cada mes de Setembro a Xuño.
 
Prazas:
Mínimo 2 persoas, Máximo 8 persoas.
 
Prezo:
100€/persoa (en habitación dobre).
 
Información de interese:
O taller terá unha duración de 3 h. Os materiais necesarios para a realización do taller serán facilitados pola docente. Para a realización do mesmo, non é preciso ter ningún coñecemento artístico nin habilidade particular con técnicas pictóricas. É unha técnica que facilita a expresión interior, libre e fluída.
 

reservas:
Casa Penaquente
Ortigueira